SOCIAIS TEMA 1: O CICLO DA AUGA

O CICLO DA AUGA
A auga realiza unha longa viaxe circular na que cambia de estado moitas veces. A esta viaxe chámaselle " Ciclo da auga"·

Son catro fases:

  • EVAPORACIÓN: O Sol quenta a auga dos mares, ríos, lagos... e  parte desa auga líquida evapórase, é dicir convértese en vapor  de auga e pasa ao aire.

  • CONDENSACIÓN:  O vapor de auga sube, enfría e condénsase en gotiñas de auga que forman as nubes. o vento despraza as nubes dun lugar a outro.

  • PRECIPITACIÓN: Se as gotiñas das nubes se xuntan moito e forman gotas máis grandes, estas pesan máis e prodúcese a precipitación, é dicir, caen en forma de chuvia, sarabia ou neve.

  • FILTRACIÓN OU RETORNO: A auga que cae volve aos ríos, mares e augas subterráneas.