ACTIVIDADES MAGOSTO 20-21


Este ano no magosto comemos as castañas na aula, estivo soando música de Samaín (Halloween) nos corredores e viñemos disfrazados con roupas moi terroríficas. 
Non puidemos facer a festa todos xuntos como outros anos, pero si que nos divertimos moito cada aula na súa calse e logo, cando baixamos ao recreo.

Botamos moito de menos as carrilanas e os xogos populares, pero seguro que o vindeiro ano retomamos todos os xogos.


Logo fixemos algunhas actividades como ler adiviñas e refráns e  escribilas. Tamén pintamos unhas cabazas e miramos algún vídeo de medo.