O RELEVO DE ESPAÑA

O relevo de España está formado pola Meseta Central, as cordilleiras, as depresións, as costas e os arquipélagos.

A MESETA

Está situada no centro de España e é unha gran chaira elevada que ocupa todo o centro.


AS CORDILLEIRAS

As cordilleiras son unha sucesión de montañas enlazadas entre sí, e hai varios grupos en España.

Hai tres grupos de montañas, as do interior da Meseta, as que rodean a Meseta e as que están no exterior da Meseta.

As montañas interiores da Meseta son.

  • O Sistema Central.
  • Os Montes de Toledo.

As montañas que rodean a Meseta son:

  • Cordilleira Cantábrica.
  • Montes de León.
  • Serra Morena.
  • Sistema Ibérico.
As montañas exteriores da Meseta son:
  • Macizo Galaico.
  • Montes Vascos.
  • Pireneos.
  • Sistema Costeiro- Catalán.
  • Sistemas Béticos.

AS DEPRESIÓNS

Son vales que se caracterizan por ter un relevo de menor altitude, é dicir, están mais baixas.
Son amplas, soen ter forma triangular están percorridas por ríos.
As máis extensas en España son :

  • A depresión do Guadalquivir, no sur.
  • A depresión do Ebro, ao leste.
AS COSTAS

En España están bañadas polo océano Atlántico, o mar Cantábrico e o mar Mediterráneo.
Teñen entrantes que se chaman golfos, como o golfo de Cádiz e saíntes de terra  que se chaman cabos, como o Cabo de la Nao.

OS ARQUIPÉLAGOS

Son conxuntos de illas agrupadas.
  • O arquipélago das illas Canarias.
  • O arquipélago das illas Baleares.





  







PDF DESCARGABLE CO MAPA MUDO PARA CUBRIR