Os ríos de España son variados porque o relevo e o clima das zonas polas que discorren son distintos e inflúen no seu caudal e lonxitude.
Os ríos de España desembocan no mar Cantábrico, no océano Atlántico ou no mar Mediterráneo.
Por iso hai tres vertentes:
- A vertente Cantábrica. É a máis pequena, está no norte.Os ríos son de caudal regular e abundante porque chove moito todo o ano. Teñen curso curto e conca pequena. Os principais ríos son.
-Río Navia.
-Río Nalón.
-Río Eo.
-Río Nervión.
- A vertente Atlántica. É a máis extensa de España. Os ríos teñen máis caudal en primavera e outono e son longos. Destacan:
-Río Miño.
-Río Douro.
-Río Texo.
-Río Guadiana.
-Río Guadalquivir.
- A vertente Mediterránea. A maioría dos ríos son curtos e de pouco caudal a excepción do Ebro (moi longo e caudaloso).
-Río Ebro
-Río Xúquer.
-Río Segura
PDF DESCARGABLE PARA CUBRIR OS RÍOS.