MAGOSTO E SAMAÍN 2020-21

MAGOSTO E SAMAÍN




Este ano o Magosto vai ser algo diferente, pero non  por iso imos deixar de festexalo. O vindeiro venres 30 de outubro comeremos castañas asadas nas aulas á hora da merenda. Cantaremos cancións típicas do outono, aprenderemos refráns e adiviñas.

Este ano non haberá xogos populares nin carrilanas debido á situación que estamos a vivir polo Covid, pero pasarémolo xenial igualmente.

Non tedes que traer as castañas. Si algún neno ou nena non lle gustan ou lle sentan mal, pode traer a súa propia merenda. Para os alérxicos ou intolerantes teremos froita.

Tamén  podedes vir disfrazados de Samaín, pero non se poderá traer a cara pintada nin ningún complemento no disfraz.

Deixámos algúns refrans e adiviñas por aquí para que vos animedes a traer  algúns máis da casa, seguro que vosos pais, nais, avos, avoas... saben moitos, incluso cantigas ou lendas.

Animádesvos?