BLOG EDUCATIVO DE 3º Y 4º DE PRIMARIA.
Me considero afortunada por poder dedicarme a mi pasión, la docencia. Aprendo cada día de mis pequeños maestros. Espero que disfrutéis de este espacio tanto como yo elaborándolo. Gracias por leerme.
La educación es el arma más poderosa que puedes usar para cambiar el mundo (Nelson Mandela).
Samaín, significa verán, é unha celebración de orixe celta que co tempo, no mundo critiano pasou a ser ser "O Día de Tódolos Santos" que é tradicional en Galicia.
A noite do 31 de outubro comeza o Ano Novo celta, marcando o cambio de outono a inverno.
Di a lenda, que nesta noite tan máxica, as ánimas dos mortos atravesan a porta que separa os dous mundos e visitan as casas das súas familias para quentarse. Neste día teñen autorización para camiñar entre os vivos e voltar ao seu fogar.
Para manter aos espíritus contentos, para afastar ás malas ánimas e atraer ás boas, deixábase comida fóra, na porta. Por eso hoxe en día, os nenos e nenas teñen a costume de saír nese día a buscar doces de casa en casa, disfrazados con roupas terroríficas.
Segundo os celtas, durante esta noite non se podía saír da cidade, xa que as almas iban a visitar ós seus familiares ás súas casas, e para que lle fose máís doado atopalas , encendíanse pequenas fogueiras por toda a cidade.
Tamén existía a costume de amontoar pedras nos cruces de camiños, de forma que cada camiñante que pasaba botaba unha pedra ao montón e pedía un desexo, a estes montóns chamábanselle milladoiros.
A diferenza da costume americana de Halloween, aquí, para honrar ós mortos, recóllense castañas. Segundo a lenda, cada castaña recollida é a alma dalgún difunto ao que se acompaña ao ceo.
Tamén é diferente a vestimenta, en Galicia a costume é de disfrazarse de "esquelete", é dicir, de membro da Santa Compaña, e en vez de ir polas casas ofrecendo o típico "Truco o Trato" americano, en Galicia vaise en grupo a pedir polas casas un chupito dalgunha variedade autóctona ( herbas, oruxo, licor café...), baixo pena de que si non o ofrecen, pronto voltarán a visistar esa casa para levar a alguén ao país dos mortos.
Recentemente, tamén se estila facer andainas terroríficas, nas que os camiñantes ao longo do percorrido, normalmente a través do monte, vanse atopando con varios escenarios, previamente preparados polos organizadores, neles deben ir pasando diferentes probas, ademáis de por a proba a coraxe e a valentía dos máis atrevidos.
Estas andainas, están a ser puras obras de teatro nocturnas, cada ano melloran a súa vestimenta, iluminación... e conseguen dende o primeiro minuto sumerxir aos participantes nunha verdadeira película de medo.
Outra tradición que cada vez está máis extedida é a de preparar unha "cabaza de Samaín", con iluminación. Di a lenda que se a deixas pola noite na fiestra ou diante da porta, atraerás ós bos espíritus e alexarás as malas vibracións.
Esta festa tradicional cada ano vai collendo máis popularidade.
Dise tamén que a "Queimada" ten orixe nesta festa, e que funciona como protección contra maleficios, bruxas e meigas.
Este é o conxuro que se debe recitar mentres se prepara.
CONXURO
Mouchos,
coruxas, sapos e bruxas.
Demos, trasgos e diaños,
espritos das nevoadas veigas.
Corvos, pintigas e meigas,
feitizos das menciñeiras.
Podres cañotas furadas,
fogar dos vermes e alimañas.
Lume das santas Compañas.
Mal de ollo, negros meigallos,
cheiro dos mortos, tronos e raios.
Ouveo do can, pregón da morte;
fuciño do sátiro e pé do coello.
Pecadora lingua da mala muller
casada cun home vello.
Averno de Satán e Belcebú,
lume dos cadavres ardentes,
corpos mutilados dos indecentes,
peidos dos infernales cus,
muxido da mar embravescida.
Barriga inútil da muller solteira,
falar dos gatos que andan á xaneira,
guedella porca da cabra mal parida.
Con este fol, levantarei as chamas deste lume
que asemella ó do inferno
e fuxirán as meigas a cabalo das súas escobas,
índose bañar na praia das areas gordas.
¡Oíde, oíde! os ruxidos que dan as que
non poden deixar de queimarse
no augoardente quedando así purificadas.
E cando esta brebaxe baixe polas nosas gorxas,
quedaremos libres dos males
da nosa alma e de todo embruxamento.
Forzas do Ar, Terra, Mar e Lume,
a vós fago esta chamada:
Si é verdade que tedes máis poder que a humana xente,
eiquí e agora, facede que os espritos dos amigos que estean fóra,